Hoxe estamos xa en casa, logo de andar vagando de aquí para alá dende o día 23... A Noiteboa e o Fin de ano pasamolos sempre cos abós...pero a noite de Reis volvemos a casa...
Fumos ver a cabalgata, e logo deixamos todiño ven preparado para cando veñan os Reis, que virán con frio, de andar toda a noite por ahí: tres copiñas de licor de guinda da aboa Esther, que lles gosta bastante, a xulgar polos outros anos, que non deixaron nin pinga, e auga para os camelos. Tamén deixamos turrón, abeláns e dátis.
O caso é que de andar de aquí pa acolá non puiden facer todo o que tiña pensado, eso que andiven carrexando por toda Galicia o meu canasto de labores...
Algo fixen, pero andar cosendo en casa allea non é tan doado como na túa propia... A parte boa foi que a miña tia Fina vendo tal entusiasmo, regaloume a máquina de coser que ten na casa, que era da miña abóa Neves... unha Singer das antiguas, tan bonita!...
O dia 27, fixemos unha cea na casa da miña nai para poder estar todos os irmáns xuntos, que nas datas máis sinaladas non sempre podemos estar todos á vez. Ahí está o equipo de cociña...Os mandís que levamos son parte do que pensaba regalar no dia de Reis,pero... que mellor que ese día para estrealos! Estou moi fachendosa con eles... Están feitos con trapos de cociña, dobrados para arriba, para facer o bolsillo...Levoume menos de 20 minutos facer cada un...
Ceamos brochetas de polvo e langostinos, galiña en pepitoria coa receita da miña tía Maruja, que quedou xa rexistrada pa sempre, (ainda que sei que se trabucou co momento de botar o ovo...) e de postre semifrio de vainilla, cortesía de javier, (e de Jamie Oliver) que quedou moi resultón:
En fin, son as dúas da mañán, acabo de rematar a última bufanda, e por aquí aínda non chegaron os Reis, así que ... creo que vou darlle un groliño ao licor de guinda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario