jueves, 24 de diciembre de 2009
boa noite boa a todos!
martes, 22 de diciembre de 2009
adornos (2)
martes, 15 de diciembre de 2009
adornos de balde
Seguindo coa idea de encher de novo as bombillas, unha vez aprendida a forma de valeiralas, pensei neste adorno de Nadal... O caso é que agora ando escasa delas. Pásame como coas bolsas de plástico... na casa xa non teño reservas, acabei con todas, e hai tempo que xa non entra unha nova. Pois coas bombillas igual, xa son todas de baixo consumo...esta debe ser das últimas que quedan.
Outro adorno de balde son estas folerpas feitas con papel de periodico. É preocupante a miña afeción polo lixo o reciclaxe e o aproveitamento...será que son tacaña?
A idea, que collín de aquí, é coselas cun fio para facer unha guirlanda...A verdade é que teño a casa cheia de cousas pendurando...Mentras non impidan abri-la porta, como di o meu, vou tirando.
domingo, 13 de diciembre de 2009
estes dias
O que estivemos a facer desde a última vez que pasei por aquí:

este e o meu
e este o de Valentín

E estes son os de Val: unha pantasma e un marcapáxinas:
e moitas pequenas cousas mais, que non tiven gañas de fotografar...
- Montar-literalmente-o Belén.
Facerlle un regalo a Ulises, que vai estar de cumpre o dia 18 (canto regalo arrexuntado nun solo mes)
jueves, 3 de diciembre de 2009
Xa está aquí
lunes, 30 de noviembre de 2009
paumes books
viernes, 27 de noviembre de 2009
reciclando



jueves, 26 de noviembre de 2009
lampadas
martes, 17 de noviembre de 2009
Reto
lunes, 16 de noviembre de 2009
il signore della pasta
Il signore coas mans na masa, facendo non sei si fetucini, parpadelle, tagliatelli ou que sei eu... A pasta estaba boísima... cada vez gústame mais esta afeción que colleu a cociña... Si ben, en xeral, ten que collerlle mais o punto ó tema das cantidades...En realidade non cociña, fai experimentos, polo tanto o tema de cuantificar as racións non lle quita o sono, simplemente pon sobre a mesa os seus prototipos...para que o comité de expertos dictaminemos...
martes, 10 de noviembre de 2009
domingo, 25 de octubre de 2009
semana das cortiñas
Estas fíxenas con tela de saco... penso que queda ben, gústame cando filtra a luz, dálle un aire mais cálido e natural á ventá, tan fría e núa ...
A Carapuchiña vermella e o lobo están adicados a Miguel, que gusta moito da historia, e anda a preguntar polo lobo feroz en cada conto que lle contas...
Estas foron probas previas, que descartei...
Estas son no carto dos nenos. Fíxenas cus retallos que quedaron das colchas - de Vichí chamábanse- que tiñamos cando nenas miña irmá e mais eu (lémbraste Ana?) Os retallos de flores -que segundo o meu fillo maior rozan a horterada- saqueinos dunha colección de mostrarios de tapicerías e telas opara cortiñas e decoración que comprara hai tempo en ebay. Nunca fixera unha compra con mais rendemento... Por 20 € merquei unha morea de mostrarios que cubrían todo o sofá da sala... Non creo que os dea usado en toda a miña vida...
miércoles, 21 de octubre de 2009
martes, 20 de octubre de 2009
para quen saiba tecer



domingo, 18 de octubre de 2009
un bico para Cristina





Suscribirse a:
Entradas (Atom)