Estou de cheo metida no asunto dos regalos de Reis. Resulta que ese día reunimonos a comer toda a familia... a todo grupo, como dí o meu fillo, e xuntámonos tranquilamente 60 persoas...
O caso é que nos facemos regalos, pequenos detalles, a maioría das veces feitos a mán por cada quen... Son sempre moi comentados os do meu tio Carlos, que inventa e fabrica él mismo o que nos trae, desde xoias de madeira a cuncas feitas cun coco. Tamén os de Margara e Jose: xabón feito por eles na casa o ano pasado, outro ano un almanaque é un CD con máis de 1000 (ou eran 100 ?) fotografías antigas da familia, recopiladas e escaneadas durante meses... Tamén durante meses estiveron macerando as herbas aromáticas no aceite que nos regalou a miña prima Andrea.
Eu, como sempre, teño problemas co predimensionado dos proxectos...Logo de argallar no papel regalos para facerlles (facer a man, quero dicir, non comprar) a todos e cada un dos presentes, de xeito personalizado, que darían para montar un posto nunha feira de artesania, chega o día e teño soamente dous ou tres feitos, e estes aínda sen rematar ou a medio facer. O ano pasado mesmo regalei cousas sen acabar para que as rematara pola súa conta o destinatario¡¡
Este ano non vou permitir que me pille o touro... Rebaixei as miñas expectativas, para acomodalas as miñas capacidades e tempos, e ademáis estou xa a traballar, non como os outros anos que facía todo dous dias antes (máis ben duas noites, para non ter que dar explicacións ós nenos de por que estaba eu a facer o traballo que terían que estar facendo os Reis magos) Asi que levarei pouca cousa, pero eso sí, penso levala rematada...e envolta!
E ata aquí podo ler...Non vaia ser que alguén da familia vexa o blog e escachice o factor sorpresa... Aínda que si son como o meu home e os meus fillos, non ai coidado. Cada vez que lles digo: teño un blog, ¿queredes velo? responden coma un solo home: Non!! Eu, moi digna, fago como que non os escoito, e empezo a teclear no ordenador e entón votan a correr despavoridos. A única mención que fan de vez en cando ao tema é algún -esto non o porás no blog verdade? Ou algún... ja,ja, pon eso no blog! ...co que se demostra que non teñen ni idea do asunto.
A que si está entusiasmada coa idea é a miña nai... Estaría todo o dia vendo o meu blog (son as súas plabras) Mágoa que non teña ordenador, nin saiba sequera como acendelo...
2 comentarios:
Non lles fagas nin caso aos homes que tes na casa.
A julia e a min encántanos o teu blog.
Vémolo a miúdo e sempre comentamos o bonitas que che quedan as cousas que fas.
Ademais o mellor de teu blog é que sempre dá bo rollo, Como ti.
^-^
gracias!
Publicar un comentario