viernes, 21 de noviembre de 2008

vinilo tutorial

Hoxe coloquei no noso dormitorio un vinilo deses que se compran xa feitos para decorar as paredes . O caso é que pensei en personalizalo un pouco, e decidín recoller o proceso para facer un tutorial, xa que eu agradezo atopalos cando vou de pica flor pola rede. Isto non ten ciencia ningunha, pero pareceme mellor empezar así, cunha cousa sinxeliña.

O vinilo que comprei é este:


A inspiración para a súa personalización atopeina, como tantas outras veces, na páxina de Camille Engman, na que a cotío vexo esta imaxen:

Así que aí vai o meu tutorial:

Colocación personalizada dun vinilo standard

  • Material necesario:

O café é opcional. Aí falla un cordel e papel celo, que tiven que ir a buscar despois, pese o meu afán de ter todo preparadiño antes de iniciar os traballos , para que non se me note que polo xeral son un pouco chapuzas. Por outra banda, o lapis e a escobiña de borrar non cheguei a usalas. Que cada quén faga os axustes oportunos.

  • Limpeza da parede.
Polo xeral, mesmo nas paredes máis limpas, (a nosa casa acabamos de ocupala, pode dicirse que vemos de estreala) sempre hai algúnha mancha ou rozadura, que convén eliminar antes de inicia-lo traballo, primeiro, para que quede ben, e segundo, porque unha vez posto o vinilo non vamos poder facelo.

Eu usei unha desas esponxas borra todo que se humedecen e eliminan calquera marca.

Logo de usala, convén deixar secar ben a parede para non ter logo problemas de adherencia co vinilo. Mentras seca ben, é un bo momento para toma-lo café ou ir ver que fan os nenos.

  • Marcar cun cordel o marco de traballo.

Esto é importante se non queremos acabar cun deseno mancornado.

Convén utilizar o metro e non fiarse do noso ollo de bo cubeiro. Hai que marcar primeiro as liñas horizontais, e neste punto é absolutamente imprescindible medir cun metro, senón as liñas quedarán irremediablemente tortas, e logo as verticais, reproducindo máis o menos a dimensión total que se lle quer dar ao debuxo. Para marcar a vertical é suficiente deixar pendurando un pequeno peso no cordel.









  • Axuda tamén deixar marcado cun cordel o eixo de simetría do cadro, para ter unha guía ao reproducir o debuxo. Neste caso, o cordel fixase só no punto alto, mantendo libre o extremo, no que disporemos un pequeno peso para marcar a vertical. E agora, a empezar a debuxar!



  • Hai que ir facendo o debuxo pouco a pouco, procurando manter a simetría na disposición dos elementos. Primeiro vanse poñendo as ramas, mirando de cando en vez desde lonxe, para ir vendo como queda.




  • Despois poñemos as follas máis grandes, unha en cada remate da rama. Logo poñemos as medianas, a carón das outras e por último as pequenas.



E xa está!


2 comentarios:

marta_tururu dijo...

Muy bonito.

saludos desde madrid
x4duros.com

esther dijo...

gracias! muy interesante tu pagina, la seguiré