Isto da influencia das cores no estado de ánimo é moi certo. Inconscientemente, supoño, no noso dormitorio todo está en cores neutras, suaves...todo é moi relaxante.
O outro día puxen unha especie de porta dun armario vello colgada da parede para poñer todos os meus colares e baratixas, e logo de posta, retireina porque me daba repelús, ver tanta cosa brilante e de cores pendurada , era coma si me estiveran berrando...
Do meu vinilo personalizado, en cambio, quedei moi contenta e non o retirei...
Sen embargo, a habitación dos nenos (pequenos) é unha explosión de cor...Unha explosión no sentido real, hai veces que teño medo de quedar cega cando entro nela...Eu non o pensei moito, foime saíndo así...
No hay comentarios:
Publicar un comentario