domingo, 9 de noviembre de 2008

eesti

Xa estou de volta. Pasei menos frío do que esperaba, tivemos bo tempo. Foron poucos dias, a metade do tempo foise en transbordos. ACoruña-Madrid, Madrid-Copenhague, Copenhague-Tallin, e despois case tres horas de viaxe por carretera de Tallin a Tartu.
Gostáronme os barrios de casas de madeira que visitamos. A metade da cidade foi destruida na guerra. É unha sensación estrana, porque hai moito espacio na zona histórica, o trazado medieval apenas se conserva, as rúas e as plazas son espacios moi amplos. Pero si te fixas, no chan, hai unhas marcas no pavimento... Son o recordo dos edificios e as casas que estaban ahí...Eu pensei que sentiría se houbesen bombardeado Santiago, se a catedral estivese en ruinas e houbesen desaparecido a metadade das casas...é triste. Polo que eu vin, Tartu é unha cidade nórdica. A arquitectura é sinxela a escala das cousas doméstica, os espacios confortables, a natureza, sempre presente... Sempre envidiei esa condición nórdica nas casas e nas cidades... Por comparación, aquí todo me parece ostentoso ou vulgar, ou ambas cousas...

No hay comentarios: